Saltar al contenido

Parroquias de A Fonsagrada

Menú
  • Inicio
  • Blog
  • Parroquias
  • Contacto
  • Misa en directo
  • Noticias Vaticano
  • Diócesis de Lugo
Menú

MASCOTAS

Publicada el 23 de mayo de 2026 por Parroquias de A Fonsagrada

Nunha campaña electoral no comezo de 2026 sorprendeume unha “promesa electoral para mascotas”: íanlles desgravar os gastos veterinarios! No comezo da Campaña de Declaración da Renda atopei que os gobernos autonómicos de Murcia, Castela a Mancha e Andalucía xa desgravan os gastos veterinarios das mascotas. Con inxenuidade pregunto: por que non desgravan as compras de regalos por Reis ou Cumpleanos para pais, fillos, netos, avós, sobriños, amigos…? por que a axuda a un familiar, amigo, estalle gravada como aumento de patrimonio e non desgrava?

Contoume unha amiga que uns veciños espertaran a súa familia ás tres da madrugada dándolles un susto. Estaban chorando apenados pola morte do canciño. Dixéronlles que non viran chorar tanto a un deles cando lle morrera seu pai. Contestoulles: “é que non che é o mesmo”. Certamente non é o mesmo unha cousa e a outra, unha persoa e un can, ademais revela bastante de como entende a relación entre as persoas, as súas amizades e esperanzas.

Así algúns falan de humanización das mascotas e deshumanización das persoas. Posiblemente sexa algo máis. Recentemente vin en artigos periodísticos a palabra “perrolatría”, que non é moi usual no vocabulario de hoxe. Vén de xuntar dúas palabras, PERRO e LATRÍA, que coñezo desde a infancia. É unha concreción da IDO-LATRÍA, é dicir, divinizar dalgunha xeito as mascotas. Neste contexto non pode sorprender a declaración de Jessica, “amiguita do ministro Abalos”, que testemuñou no xuízo das máscaras no Tribunal Supremo que o ministro lle seguiu pagando o aluguer do piso (2.700 € mensuais) despois da ruptura sentimental, porque “xuntos adoptaran un gatiño”. Quizais non chegue con exclamar, que sentimentais! Por iso no debe estrañar que haxa máis do dobre de cans e gatos, 16 millóns, ca de menores de 16 anos, 6,6 millóns.

León Bloy escribía en “La sangre del pobre” (1909) un capítulo sobre dous cemiterios: o dos pobres e o dos cans. Sobre o dos cans di: “Nin que dicir ten que se trata do cemiterio dos cans ricos, pois a el non teñen dereito os cans pobres”. “Si, os cans posúen un cemiterio, un verdadeiro e fermoso cemiterio, con propiedades de tres a trinta anos, nicho provisional, monumentos máis ou menos suntuosos… para que os pobres que pertencen á especie humana sexan máis e mellor insultados”. E hai epitafios: “Chorareite sempre e ninguén virá ocupar o teu posto”. “Ponnette miña: protexe sempre á túa ama”. “Ela era toda a nosa vida”. “Meu cuquiño; a túa naiciña que desexa estar xunto a ti”…

León Bloy mesmo reflexiona: “Un vese obrigado a preguntarse se a bobada, decididamente, non é máis odiosa que a mesma maldade. Non creo que o desprezo cara aos pobres fose nunca sacado á luz dun modo máis descarado e insolente. É a resultante dunha idolatría demoníaca ou dunha imbecilidade transcendental? Hai alí monumentos que valen a subsistencia de vinte familias! … ‘Canto máis coñezo aos homes, máis quero ao meu can’, dí o monumento a Jappy, miserable chucho bastardo, cuxa innobre efixie de mármore clama vinganza ao ceo”.

A divinización da mascotas explica que no pasado estado de alarma da pandemia da Covid 19 se permitise sacar aos cans de paseo pero non aos nenos e que fagan parques para as mascotas en cidades. Tamén é entendible que medren os negocios arredor das mascotas e sobre todo o novo negocio da clonación das mascotas, que en 2024 xa acadou os 300 millóns de dólares. Todo moi na moral capitalista de que é bo o que dá cartos e, por qué un non o vai facer se é o seu desexo e o pode pagar. Pero non é congruente cunha moral humana como xa Leon Bloy escribiu: “A máis horrible das maldades é a de oprimir aos febles, aos que non poden defenderse”.

Invito a repensar o que quererá dicir o libro da Xénese 2, 20-24, moi anterior a Cristo, que afirma: “O home púxolles nome aos animais … pero entre eles non había unha axuda ao seu xeito … Agora esta é coma min, o mesmo óso, a mesma carne. Chamarase muller… Por iso deixa o home a seu pai e a súa nai para xuntarse coa súa muller e faceren un mesmo corpo”.

Remato coas verbas do Papa León na súa primeira viaxe a África (abril 2026) sobre os migrantes: “En todo caso, son seres humanos e temos que tratar aos seres humanos nun modo humanitario, e non tratalos moitas veces peor que ás mascotas de casa, ou aos animais… Entón aí hai un desafío moi grande, aínda que un país di que non podemos recibir máis, pero cando chegan as persoas son seres humanos, e merecen o respecto que cada ser humano merece pola dignidade humana”.

Antón Negro

Sacerdote e sociólogo

Navegación de entradas

← O TEMA DA RELIXIÓN
Mensaje del Obispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco con motivo del Viaje Apostólico del Papa León a España →

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

CONTACTO

  • C/ Mayor 4, Bajo - 27001 - A Fonsagrada (Lugo)
  • Email: info@parroquiasdeafonsagrada.es

TEXTOS LEGALES

  • Política de privacidad
  • Política de cookies

Desarrollado por GaliciaDigital

© 2026 Parroquias de A Fonsagrada | Funciona con Minimalist Blog Tema para WordPress
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}